PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores".
Imos poñer en práctica vosa axilidade cos pés. Trátase de facer unha torre cos rolos de papel hixiénico só utilizando os pés.
O reto ten 2 partes. Primeiro farémolo de fronte, e logo faremos a torre ao revés. Queremos ver que ben se vos dá!!!!
Déixovos o vídeo para que vexades como facelo.
PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza".
Un dos xogos de memoria máis famosos é o memory ou xogo das parellas. Consiste en colocar unha serie de cartas boca abaixo, e ir destapándoas de dúas en dúas ata atopar todas as parellas de imaxes que coinciden entre si, pero no mínimo de movementos posible. Memorizar a colocación de cada unha das cartas é fundamental para obter un bo resultado no xogo… e obriga á nosa mente para traballar “duro”.
No vídeo mostrámosvos como o fixo Adrián. Tamén podedes facer parellas de debuxos e así decoralo como máis vos guste.
Animarvos seguir conseguindo antivirus!!!
PUNTUACIÓN DO RETO:
1 FOTO= 1 PUNTO
1 VÍDEO= 10 PUNTOS
Unha foto doutra persoa da casa, ou doutro amiguito/a de o teu cole e que non estea nestas actividades será 1 punto extra. E no caso de que envíe un vídeo serán 10 puntos extra.
#QUEDANACASA.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.