En tempos de corentena e tras máis de un mes sen saír os nenos da casa pola crise do coronavirus non deixan de facer preguntas. Esta é unha guía para eles: resolvemos algunhas das súas dúbidas máis frecuentes.
Ola pequenos da casa! Aínda que xa sabedes que o coronavirus é máis perigoso canto máis maior es, é importante que saibades que todos, incluídos vós, temos que estar alerta para protexer aos nosos seres queridos. Hai que respectar as normas do Goberno para que podamos volver á normalidade canto antes. Entre todos conseguirémolo! Explicámosvos nesta guía todo o que podedes e non podedes facer ata que volvamos á "nova normalidade".
CANDO E COMO PODO SAÍR A RÚA?
Como xa sabes, desde o 25 de abril os que tedes menos de 14 anos podedes saír á rúa, aínda que hai unhas condicións que debes cumprir. Só podes saír unha hora ao día entre as 9:00 da mañá e as 21:00 da noite e sempre acompañado dun adulto que viva contigo en casa.
Se en casa sodes máis de tres nenos non poderedes saír xuntos: só poden saír tres nenos cun adulto que viva con vosostros. Podes saír cos teus xoguetes pero non está permitido ir a parques infantís. Tampouco podes xogar con outros nenos que estean na rúa e sempre terás que estar separado doutras persoas con polo menos dous metros para non contaxiarse por coronavirus.
Lembra que non podes afastarche máis dun quilómetro da túa casa e que sempre tes que estar preto do teu responsable. Ademais é imporante levar unha máscara para protexerse e lavarse as mans moitas veces.
CANDO PODO XOGAR COS MEUS AMIGOS NO PARQUE?
De momento non se sabe cando se poderá xogar nos parques, pero a partir da Fase 1 poderase ter contacto con amigos, iso si, en grupos moi pequenos. Esa fase comezará a partir do 11 de maio aínda que dependerá da provincia na que vivas.
Xa na Fase 2 permitiranse "reunións" máis grandes e poderás ver a máis amigos á vez. Iso será a partir do 25 de maio.
CANDO PODEREI CONVIDAR OS MEUS AMIGOS A CASA?
Segundo publicou o Goberno, a partir da Fase 1 (11 de maio) poderanse facer reunións de poucas persoas e xa a partir do 25 de maio poderanse reunir grupos máis grandes. Aínda non está claro cantos amigos poderás convidar e se poderás velos en casa, pero si que poderás reunirche con algúns deles moi pronto.
CANDO PODEREI VER OS MEUS AVÓS?
Iso dependerá de como se atopen os teus avós. Se son persoas ás que o coronavirus lles pode afectar de maneira grave pola súa idade ou porque están enfermos, non poderás verlles ata, polo menos, a finais de xuño.
Isto cambia se os teus avós teñen boa saúde e son persoas máis novas: entón poderás velos a partir da Fase 1, que comezará ao 11 de maio Xa non queda nada!
CANDO PODEREI VOLVER AO COLE?
A volta ao cole dependerá do curso ao que vaias. Se estás nos cursos de infantil ata 6 anos e os teus pais teñen que traballar entre semana poderás volver ao colexio para partir do 25 de maio.
Ademais, se estás en 4º da ESO, 2º de Bacharelato ou 2º de grao medio e superior tamén poderás volver ao colexio ou instituto a partir do 25 de maio.
Se é o teu caso e podes volver ao instituto ou colexio ten en conta que a túa clase non será como a lembras: as clases de máis de 15 compañeiros dividiranse en dous grupos e cada grupo irá a clase un día diferente.
Se non es alumno de ningún dos cursos anteriores volveras ao colexio a partir de setembro, xa para o curso que vén. Pero lembra que isto non significa que todo o tempo poderás estar a xogar: tes que seguir as clases e actividades que os profes van ordenando a través de internet.
CANDO PODEREI COMER COA FAMILIA (CURMÁNS, TÍOS..)?
Pois isto tamén está moi preto, aínda que dependerá do grande que sexa a túa familia. Se sodes poucas persoas poderedes comer xuntos a partir do 11 de maio e o seu a túa familia é moi grande teredes que esperar ao 25 de maio.
Ademais, se alguén da túa familia é unha persoa vulnerable ao coronavirus, mellor esperar para vela, Así a protexerás!
CANDO PODEREI IR A NATACIÓN?
Para ir a clases de natación terás que esperar ata o 11 de maio: terá que ser nunha piscina con poucas persoas á vez e non poderás achegarche aos compañeiros pola túa seguridade. Ademais lembra que non poderás usar os vestiarios hastas o 25 de maio.
E CANDO PODEREI IR AO FÚTBOL?
Poderás ir a fútbol a partir do 25 de maio aínda que non se poderán xogar partidos con público ata o 21 de xuño. A partir dese día os teus familiares e amigos poderán ir verche pero lembra que terá que haber pouca xente nas bancadas e con separación entre eles. Ademais, tampouco poderás usar os vestiarios, terás que ducharche en casa.
E CANDO PODEREI IR VER AO MEU EQUIPO?
A data máis probable é que os partidos de LaLiga volvan xogarse a partir da fin de semana do 6 de xuño, aínda que aínda non é seguro. Antes do 4 de maio é probable que os futbolistas do teu equipo volvan adestrar de maneira individual e o 11 xa o fagan en grupo.
CANDO PODERE IR A ATLETISMO, TENIS, PADEL...?
Poderás ir a clases de deporte a partir do 11 de maio sempre que sexan ao aire libre, sen público e cando non sexa necesario tocarse para xogar.
CANDO PODEREI IR A BIBLIOTECA?
A partir do 11 de maio poderás ir á biblioteca e poderás levarche prestado un libro. Se es dos que che encanta ler alí, tes que saber que poderán facelo poucas persoas á vez, así que o máis recomendable é que cho leves a casa.
CANDO PODEREI IR AO CINE?
A partir do 25 de maio poderás ir ao cinema para ver películas pero lembra que só poderán entrar poucas persoas e daranche un asento concreto. Non poderás sentarche onde queiras e terás que estar separado das outras persoas.
CANDO PODEREI IR Á PRAIA?
Para ir á praia terás que esperar ata o 21 de xuño. Ademais, tes que saber que non o farás como noutros veráns: terás que estar separado das outras persoas e sempre manter a seguridade.
CANDO PODO FACER UNHA FESTA DE PIXAMAS?
A partir do 11 de maio poderanse facer reunións de poucas persoas e xa a partir do 25 de maio poderanse reunir grupos máis grandes. Aínda non está claro se poderás convidarlles a casa, pero si que poderás ver a algúns deles moi pronto.
CANDO PODEREI IR Á MIÑA CASA DE CAMPO OU DA PRAIA?
Se os teus pais teñen unha segunda casa para ir de vacacións no campo ou na praia, só poderás ir alí a partir do 25 de maio sempre que estea na mesma provincia onde vives agora. Se esa casa está máis lonxe terás que esperar ata o final das fases de desescalada.
QUE FAGO AO VOLVER A CASA DA RÚA?
Ao volver a casa da rúa terás que quitarche a máscara coa supervisión dos teus pais ou titores e sempre sen tocala por diante. Ademais, o máis recomendable é cambiarche de roupa e darche unha ducha.
Se prefires non ducharche, lembra que debes lavarche as mans con moito xabón.
CANDO SE VAI A IR O CORONAVIRUS?
Aínda non se sabe cando conseguiremos acabar co coronavirus. O que si sabemos é que se todos respectamos as normas conseguirémolo antes, por iso é moi importante comportarse cando salgamos á rúa e manter as normas de seguridade.
ÁNIMO RAPACES!!! XA QUEDA MENOS PARA VOLVER A NORMALIDADE!!!! VEÑA QUE PODEMOS!!!!!
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.