TRADUCTOR

!!!! VIDEOCHAMADA VIDEOCHAMADA VIDEOCHAMADA !!!!

Hola mozos e mozas!!!! 😊


Son Eva, a profe de patinaxe e, como xa sabedes, unha das educadoras que traballa no desenvolvemento deste blogue.



A verdade é que se vos bota de menos. Moito de menos!!!! Teño xa gañas de vervos e de xogar con vos de novo.

Estiven pensado nalgunha maneira de poñer solución a isto. Pensando... e pensando... e como hai xa tempo que non nos vemos... ocorréuseme que poderiamos facer unha videochamada entre todos. 


Desta maneira podería vervos, poderiades verme vós a min, ver a Adrián, que aparte de patinaxe tamén da multideporte, e tamén poderíamos convidar a Flor, a profe de baile. Pero por suposto tamén poderiades ver aos vosos compañeiros e compañeiras.


Que vos parece a idea??? Animádesvos??? A QUE SERIA XENIAL PODER VERNOS????


Se vos apetece que o fagamos non dubidedes en enviarme un correo á seguinte dirección:
fapaspracticas@gmail.com


Fariámola a través da plataforma Zoom. Simplemente teriades que descargala nos vosos móbiles, tablets, computadores... (axudámosvos se tedes dificultades para facelo) logo só teriades que clicar encima dunha ligazón que vos mandaremos ao correo electrónico e que vos levará directamente á videochamada. 


Unha vez que vos poñades en contacto comigo determinaremos unha data e unha hora para poder facela, por isto é moi importante que cando nos envíes un correo nos especifíquedes se tedes preferencia por algunha franxa horaria en concreto.



ESPERO AS VOSAS RESPOSTAS!!


Un abrazo moi moi grande a todos e moitos ánimos.