Pois empezamos o finde lendo un de Pedro Pablo Sancristán.
Pódese ter bo carácter a pesar das dificultades ou aínda que nos ocorran cousas que nos desgustan, verdade? É a actitude positiva que nos deixa este conto.
UNHA PRAIA CON SORPRESA
Non había ninguén naquela praia que non oíse falar de Pinzaslocas, terror de polgares, o cangrexo máis temido deste lado do mar. Cada ano algún turista descoidado levaba un bo tanto que lle quitaba as ganas de volver. Tal era o medo que provocaba nos bañistas, que a miúdo se organizaban para tentar cazalo. Pero cada vez que crían que o atrapaban reaparecían os beliscos uns días despois, demostrando que atraparan ao cangrexo equivocado.
O caso é que Pinzaslocas só era un cangrexo con moi mal carácter, pero moi habilidoso. Así que, en lugar de esconderse e pasar desapercibido como facían os demais cangrexos, el ocultábase na area para preparar os seus ataques. E é que Pinzaslocas era un pouco rencoroso, porque de pequeno un neno pisáralle unha pata e perdíaa. Logo volvíalle a crecer, pero como era un pouco máis pequena que as demais, cada vez que a miraba sentía moitísima rabia.
Estaba a lembrar as maldades dos bañistas cando descubriu a súa seguinte vítima. Era un polgar gordísimo e brillante, e o seu dono apenas se movía. Que fácil! así podería pellizcar con todas as súas forzas. E lembrou os pasos: asomar, avanzar, pellizcar, soltar, retroceder e ocultarse na area de novo. A por el! Pero algo fallou. Pinzaslocas atascouse no cuarto paso. Non había forma de soltar o polgar. O belisco foi tan forte que atravesou a pel e atascouse na carne. Carne? Non podía ser, non había sangue. E Pinzaslocas comprendeuno todo: caera nunha trampa!
Pero como sempre Pinzaslocas estaba a esaxerar. Ninguén fora tan listo como para prepararlle unha trampa cun pé falso. Era o pé falso de Beira, unha nena que perdera a súa perna nun accidente cando era pequena. Beira non se deu conta de que levaba a Pinzaslocas colgado do seu dedo ata que saíu da auga e púxose a xogar na area. A nena soltou ao cangrexo, pero este non escapou porque estaba morto de medo. Beira descubriu entón a pata pequeniña de Pinzaslocas e sentiu pena por el, así que decidiu axudalo, preparándolle unha casiña estupenda con rocas e buscándolle bichitos para comer.
Miúdo festín! Aquela nena si sabía coidar a un cangrexo. Era alegre, divertida e, ademais, devolveuno ao mar antes de irse.
- Que nena máis agradable -pensou aquela noite- gustaríame ter tan bo carácter. Se non tivese esta patita curta…
Foi xusto entón cando se deu conta de que a Beira non lle volvía a crecer a súa perna, e iso que os nenos non son como os cangrexos e teñen só dous. E aínda así, era un encanto. Decididamente, podía ser un cangrexo alegre aínda que lle pasasen cousas malas.
O día seguinte, e todos os demais daquel verán, Pinzaslocas atacou o pé de Beira para volver xogar todo o día con ela. Xuntos aprenderon a cambiar os beliscos por cóxegas e o mal carácter por bo humor. Ao final, o cangrexo de Beira fíxose moi famoso naquela praia aínda que, iso si, ninguén sospeitaba que fose o mismísimo Pinzaslocas. E mellor que fóra así, porque por alí quedaban algúns que aínda non aprenderan que non é necesario gardar rancor e ter mal carácter, por moi forte que un cangrexo che pellizque…
FIN.
#QUEDANACASA
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.