Boas!! Que tal mozos?? Como todos os Venres estamos aquí con novos retos, e con eles novas oportunidades de seguir conseguindo antivirus para acabar co Coronavirus.
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"
Hoxe empezamos o día xogando aos birlos. Soa divertido?? Pois imos a iso!!!
Para usar de birlos colocaremos ou unhas botellas, ou uns iogures, ou rolos de papel...calquera cousa que se vos ocorra seguro que é boa idea.
Este xogo de birlos non será o común nos que a pelota vai rodando polo chan, senón que os birlos estarán amontoados, como na foto.
A continuación, se non tedes unha pelota, poderedes fabricar a vosa. Valeríanos calquera cousa de tamaño medio, como un peluche pequeno, un nobelo de la, etc.De novo, a vosa imaxinación seguro que é marabillosa.
Xa vedes que rápido podemos montar un xogo de birlos. Agora só queda derrubalos!! Cantos sodes capaces de tirar??
PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"
Hoxe imos facer un experimento no que a auga non cae. No reto de hoxe podedes dicirlle a mamá ou papá que vos axude, así tamén conseguiredes máis antivirus!! Se se divirten e farán todos os retos convosco!!
Para iso imos necesitar:
- 2 vasos de vidro.
- Auga.
- 1 carta.
- Moedas.
Pasos a seguir:
1. Enchemos os vasos de auga ata arriba.
2. Nun dos vasos colocamos a carta de tapón, viramos o vaso e colocámolo encima do outro coa carta no medio.
3. Sácase a carta coidadosamente. Podemos comprobar que non cae a auga!!!
4. Introducimos con coidado 2 moedas pequenas, unha enfronte da outra. Segue sen caer auga!!
5. Metemos unhas moedas un pouco máis grandes. Vemos que as moedas pequenas entran dentro do vaso e aínda así segue sen caer auga!!
6. Metemos dúas moedas, unha encima da outra, e vendo que hai unha separación entre os vasos segue sen caer a auga non??
Aquí deixámosvos o enlace do noso vídeo de como o fixemos, agora é a vosa quenda. Queremos ver como vos saíu!!
https://youtu.be/2YW1cJWguHE
A seguir conseguindo antivirus!!! Estades a facelo moi ben!!
PUNTUACIÓN DO RETO:
1 FOTO= 1 PUNTO
1 VÍDEO= 10 PUNTOS
Unha foto doutra persoa da casa, ou doutro amiguito/a de o teu cole e que non estea nestas actividades será 1 punto extra. E no caso de que envíe un vídeo serán 10 puntos extra.
Xa sabedes #QUEDANACASA.