TRADUCTOR

RETO 11

 15 DE ABRIL DE 2020.

Como vai a semana?? Deixámosvos os retos de hoxe con ganas de moitas respostas!!!


PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores".

Comenzamos cunha rutina de exercicios para manternos fortes. Deixámosvos o vídeo onde vos explicamos como facelo. Faremos 8 repeticións de cada exercicio.


1. Jumping jacks. Saltar sen desprazarse abrindo e pechando as pernas e xuntando e separando os brazos e mans sobre a cabeza. 

2. Sentadillas. Flexionar os xeonllos e baixar o corpo manténdoo recto(coma se nos sentásemos nunha cadeira) , e despois coas costas rectas volver á posición de inicio. 

3. Skkiping estático. Corremos no sitio 10 segundos, e correremos sen avanzar, levantando os xeonllos e movendo os brazos. 


Despois destes exercicios imos facer 2 figuras de patinaxe, a ver como levades o equilibrio!! 

1. Anxo. Sobre un pé de apoio co corpo “boca abaixo” e a perna libre paralela ao chan cos brazos estendidos. 

2. Garza. Sobre unha perna de apoio mentres a outra se flexiona no aire e esténdense os brazos cara aos laterais do corpo.


PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

Hoxe imos elaborar unhas formas para facer que as nosas lanternas sexan máis divertidas. É moi faciliño.



MATERIAIS NECESARIOS:

- Rolo de papel. 
- Lapis. 
- Papel filme (ou senón forro de libros, aínda que é mais gordo). 
- Tesoiras. 
- Cartolina. 
- Goma elástica. 
- Lanterna. 


PASOS A SEGUIR:

1.  Debuxamos círculos co lapis do diámetro do noso rolo e facemos debuxos dentro dos círculos.


2. Recortamos. Temos dúas opcións, recortar formas ou siluetas.


3. Cun anaco de papel filme tapamos un dos orificios do rolo de papel. Poñeremos ao redor do papel filme unha goma elástica.


4. Colocamos por riba as formas ou siluetas que recortamos.


5. Xa estaría a nosa lanterna divertida!!! Estas son as sombras dependendo que lle colocamos por riba.


Silueta
Forma
 


AGORA TÓCAVOS A VÓS!!! 
Animarvos seguir conseguindo antivirus!!!


PUNTUACIÓN DO RETO:


1 FOTO= 1 PUNTO
1 VÍDEO= 10 PUNTOS

 Unha foto doutra persoa da casa, ou doutro amiguito/a de o teu cole e que non estea nestas actividades será 1 punto extra. E no caso de que envíe un vídeo serán 10 puntos extra.


#QUEDANACASA.


Ningún comentario: