27 DE MARZO DE 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"
Hoxe traémosvos un reto co que despóis de elaboralo poderás pasalo moi ben.
Trátase dun LABERINTO CASEIRO.
Os materiais necesarios para a nosa manualidade son os seguintes:
- Unha caixa de cartón. Pode ser unha caixa de zapatos ou mesmo un brick de leite.
- Palliñas ou papel enroscado
- Unhas tesoiras
- Un cúter
- Unha regra e un lapis
- Pinturas e pincel
- Algo para pegar as pajitas, no meu caso usarei a pistola de silicona pero valería cola ou outro tipo de pegamento.
-Unha pelotiña pequena, canica ou unha boliña de papel de aluminio.
PASOS A SEGUIR:
1. Medimos na caixa aproximadamente uns 5 cm de ancho e marcamamos con lapis unha liña de todo o longo da caixa.
2. Recortámola quedándonos así.
3. Damos a volta á caixa e, nos laterais buscamos e marcamos o centro (1).
Onde marcamos o centro marcamos agora para facer un buraco do tamaño da nosa pelotita. Farémolo nos dous laterais do tamaño da pelotiña (2).
(1) |
(2) |
5. A continuación recortamos en distintos tamaños nosas palliñas, creamos o circuíto e a despois ímolas pegando.
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"
Para seguir manténdonos en forma propoñémosvos unha serie de exercicios. Dos cales faremos 10 repeticións de cada exercicio:
1. Facer círculos cos brazos cara adiante (10 veces) e cara atrás (10 veces).
2. Estirar a perna lateralmente cos brazos en cruz (para manter mellor o equilibrio). 10 veces coa esquerda e 10 veces coa dereita.
3. Agáchome, toco o chan coas dúas mans e salto cara arriba.
4. Pata colla coa perna dereita e coa perna esquerda (5 veces os máis peques da casa).
A continuación déixovos un vídeo de como facelo.
A nosa loita!!!! #QUEDANACASA