TRADUCTOR

#QUEDANACASA CON XURXO

Boas!!

Coñecedes a Xurxo? É o protagonista deste incrible vídeo mediante a técnica #stopmotion realizado por David Saborido e Belén Torrado, dos cambreses que realizan este curto para difundir bos hábitos entre os máis pequenos coa axuda dun boneco de plastilina.

Xurxo quérevos ensinar algunhas das súas rutinas diarias para facer este #illamento moito máis levadeiro:
 

1. Fóra pixama! 

2. Lavar as mans

3. Facer #deporte

4. Tarefas do fogar

5. Volver lavar as mans

6. Os nosos amigos, os libros

7. Saír aplaudir ás 20.00 horas

8. Descansar e soñar

E vós, que rutinas tedes?