AG.- Sabedes que as fadas non paran de moverse durante o día? Pero pola noite precisan un
lugar para descansar. Se ti queres que vaian visitarte tes que prepararlles unha casa na
que se poidan sentir cómodas e descansar.
Non é complexo.
Precisas:
– Unha maceta rota, unha botella que recortes ou algo parecido
– Cousas que teñas doutros xoguetes que vexas que lles poidan gustar, mesmo podes
tentar fabricalas.
– Unha planta, encántanlles, se é posible, se non, xa se poderá.
– Podes poñela tanto na eira como na casa.
Pero lembra, de noite non podes ir espertalas, se non asustaranse e fuxirán.
Rafa Ruibal
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.