Boas chicos!!! Que tal ides??? Xa queda menos. Moito ánimo familias!!! Nos seguimos cos retos, así que aló imos!!!
PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza".
Agora que podedes sair a rúa de paseo imos facer unha cometa para que a poidades disfrutar ó aire libre! Deixamosvos o vídeo de como facela.
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores".
Hoxe imos facer un reto de fotos. So tedes que mandar algunha foto ou algún vídeo disfrutando na rúa cas vosas bicicletas, patinetes ou patíns. Iso si, sempre ben protexidos e cumprindo as normas para sair a rúa.
É moi bo movelo corpo todolos días para a nosa saúde. Así que a darlle caña e poñerse en forma!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.