PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza".
¿Onde está Wally? Seguro que vosos pais xogaron moitas veces a buscar a Wally. E seguro que algún dos nenos xa o coñezades.
É unha serie de libros creada polo debuxante británico Martin Handford en 1987. Con todo, non se trata de libros de lectura senón para xogar, en cuxas páxinas ilustradas hai que atopar ao personaxe de Wally en escenas con miles de debuxos e detalles que despistan ao lector.
Para identificalo máis facilmente Wally sempre vai vestido do mesmo xeito: xersei de raias horizontais vermellas e brancas, lentes, pantalón vaqueiro e un gorro de la, tamén de raias vermellas e brancas.
Tes que buscar a Wally. Algunhas son fáciles e noutras escóndese un pouquiño máis. Sodes capaces???? Envíanos un debuxo, un escrito dicindo onde está ou un vídeo sinalándoo. Calquera resposta indicando onde se atopa Wally é válida!!
A por iso!!!!!!
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores".
Hoxe toca practicar as vosas cualidades de punteria e destreza. Para este reto necesitaredes un recolledor, e un rollo valeiro de papel hixienigo.
Teredes que intentar meter o rollo de papel no pao do recolledor a una distancia
mínima de dos pasos aproximadamente. En 5 intentos cántas veces es capaz de meter o rollo no pao??
Queremos velo!! Xa sabedes, mandade as vosas fotos ou vídeos!!!
Animarvos seguir conseguindo antivirus!!!
PUNTUACIÓN DO RETO:
1 FOTO= 1 PUNTO
1 VÍDEO= 10 PUNTOS
Unha foto doutra persoa da casa, ou doutro amiguito/a de o teu cole e que non estea nestas actividades será 1 punto extra. E no caso de que envíe un vídeo serán 10 puntos extra.
#QUEDANACASA.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.