Boas familias!!! Qué tal???
Agora si, o Xaque o Virus pon o peche.
Despóis de dez semanas na casiña afrontando a situación que nos tocou vivir a todos, acabamos esta carreira de fondo que tanto vos, coma as familias, coma os educadores a que nos enfrentamos por todo o alto. Puxémosvos os retos, pero vos superachedelos con moita ledicia e paciencia, e as vosas familias arrimaron o hombreiro para que todo isto funcionara.
O xogo acábase pero o virus aínda non marchou. Xa case o superamos, e pouco a pouco imos volvendo a normalidade. Pero recordade que aínda está con nos e temos que seguir tomando as precaucións necesarias para que todo isto se acabe. Pero unidos podemos conseguilo, e imos conseguilo!!!!
Cérrase unha porta co Xaque o Virus, pero abrimos outra co programa CON-CILIA-NO COLE. Coma xa se dixo neste blogue, son uns campamentos municipais organizados pola Federación Provincial del ANPAS para o período vacacional, dirixido exclusivamente para as familias que xustifiquen a necesidade de conciliar.
Non quero que isto sexa unha despedida, xa que me gustaría o ano que ven vervos de novo a todos no pavillón patinando e xogando moito. Queda moito que aprender e moitas figuras que ensinarvos. Bótasevos moito de menos, e eu confío en poder estar xuntos de novo o ano que ven, quedan moitos xogos que facer e moitas risas que botar!!!!
Como xa vos dixen, o voso esforzo vai ter unha recompensa,e
en Xaque ao Virus queremos recompensar a participación de aqueles nenos e nenas que dalgún xeito participaron neste blogue, sumando antivirus cas súas respostas e participacións para vencer ó virus. Será a entrega de medallas, que como vos dicía será unha entrega especial, pois teredes que pasar polo Forum Metropolitano os días 1, 2 e 3 de xuño, en horario de 16:00 h a 18:00 h. Como o Forum Metropolitano aínda non está aberto ao público, na entrada deberedes de identificarvos e indicar que ides recoller o vos diploma e a vosa medalla de Xaque ao Virus. E recordade que será obrigatorio o uso de mascarilla.

Antes de despedirme gustaríame agradecervos de novo a todas as familias, os nenos e nenas, e os educadores que se implicaron neste Xaque o Virus e que tanto esforzo puxemos todos nel.
Un biquiño e unha aperta moi grande!!! Vémonos moi pronto!!
Un biquiño e unha aperta moi grande!!! Vémonos moi pronto!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.