Boas!! Como todos os luns aquí están os novo retos para acabar co virus.
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"
Para manter o corpo en forma imos empezar cunhas pesas!! Para iso utilizaremos ou ben unhas botellas de 1 L ou 1´5 L, un paquete de arroz ou de pasta, ou se tedes unhas pesas pequenas que non pasen de 1kg. Calquera cousa que se vos ocorra que non pese moito serviranos.
Faremos 6 repeticións de cada exercicio. Os exercicios que vos propoñemos son os seguintes:
1. Curl de bíceps. Co cóbado pegado ao corpo, levantar o máis preto dos ombreiros posible. (6 repeticións con cada brazo)
2. Do peito á cabeza. Cos cóbados dobrados á altura do peito, estendemos os brazos cara arriba.
3. Do peito cara adiante. Cos cóbados dobrados á altura do peito, estiramos os brazos cara a adiante, sen baixar nin subir a posición.
4. Círculos ás pernas. Sentados no chan e coas pernas flexionadas, faremos círculos enteiros cambiando o peso dunha man a outra. (6 repeticións para cada lado).
Déixovos o noso vídeo de como facelo:
PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza".
Imos crear o noso propio Tangram. Seguro que moitos coñecedes este quebracabezas chinés formado por 7 figuras xeométricas.
Os materiais que imos usar son:
- Follas ou cartolinas A4 de diferentes cores.
- Tesoiras.
- Regra.
Nas fotos está creado dunha soa cor, pero despois pódeselle pegar por encima un folio doutra cor a cada figura ou facelo nunha cartolina ou folio en branco e logo pintalas das cores que se queira. Pode parecer complicado pero non o é en absoluto. Con so ver as fotos conseguiredes facelo. Tamén se pode pedir axuda a un maior que esté con vos na casa.
PASOS A SEGUIR:
Paso 1. Collemos unha folla A4 e dobrámola desde un extremo ao outro. Veremos que ao dobrar a páxina, formamos un triángulo e créase un pequeno rectángulo coa folla restante.
Paso 2. Cortamos coas tesoiras o triángulo seguindo a liña de dobrado que fixemos no paso 1. Xa temos un dos triángulos do noso tangram.
Paso 3. Dobramos a folla que nos quedou tras recortar o triángulo.
Paso 4. Volvemos abrir a folla e para que o corte sexa máis preciso, debuxamos con lapis unha liña entre o triángulo e o pequeno rectángulo.
Paso 5. Recortamos con la tijera siguiendo la línea que hemos trazado con el lápiz.
Paso 6. Tenemos dos triángulos y un pequeño rectángulo.
Paso 7. Tomamos uno de los triángulos y lo doblamos por la mitad.
Paso 8. Recortamos por la línea de doblado.
Paso 9. Obtemos dous triángulos iguais.
Paso 10. Collemos o triángulo que nos quedaba dos obtidos no paso 6. Dobrámolo pola metade.
Paso 11. Abrímolo e no extremo inferior da súa base, xusto onde acaba a liña de dobrado que realizamos no paso 10, facemos unha pequena marca co lapis (un circulo)
Paso 12. Dobramos o ápice do triángulo facéndoa coincidir coa marca que fixemos no paso 11.
Paso 13. Cortamos a parte que acabamos de dobrar (que xusto é o ápice do triángulo).
Paso 14. Temos outro triángulo para o noso tangram e a peza coa que realizaremos as outras dúas pezas restantes.
Paso 15. Collemos a peza que nos quedou do paso anterior. Dobramos un dos seus extremos de maneira que formamos un triángulo rectángulo.
Paso 16. Tería que quedarvos parecido á imaxe.
Paso 17. Recortamos o triángulo formado no paso 16.
Paso 18. Dobramos a figura resultante pola parte do cadrado (formado tras recortar o triángulo)
Paso 19. Recortamos o cadrado.
Paso 20. Estas son as figuras que nos quedarían tras o paso anterior. Temos o cadrado do noso Tangram. Coa outra figura faremos as dúas últimas pezas.
Paso 21. Dobramos a figura pola parte puntiaguada, tal e como mostramos na figura.
Paso 22. Recortamos pola liña de dobrado.
Paso 23. Vemos como obtivemos o triángulo e paralelogramo do noso tangram.
Paso 24. Así quedaría a maqueta do noso Tangram ou o noso Tangram se optades por facelo dunha só cor.
Paso 25. Tomamos as figuras da nosa maqueta como referencia para facer as figuras de cores.
Paso 26. Recortámolas. E podemos pegalas sobre as figuras da maqueta ou deixalas tal cal, como fixemos nós.
E xaaaaaaa! Tangram listo para horas e horas de diversión!
Podedes facer figuras de animais como a da imaxe, números, casas, persoas… Cales sodes capaces de facer??? Mandarnos as creacións!! A practicar!!!!
A seguir conseguindo antivirus!!! Estades a facelo moi ben!!
PUNTUACIÓN DO RETO:
1 FOTO= 1 PUNTO
1 VÍDEO= 10 PUNTOS
Unha foto doutra persoa da casa, ou doutro amiguito/a de o teu cole e que non estea nestas actividades será 1 punto extra. E no caso de que envíe un vídeo serán 10 puntos extra.
Xa sabedes #QUEDANACASA.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.