TRADUCTOR

RETO 5

1 DE ABRIL DE 2020


PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"


Ola mozos, hoxe traémosvos un circuíto de habilidade no que tedes que transportar dun lado a outro os teus bonecos ou peluches. 

Cada volta terás que facelo dunha forma diferente. Deixámosvos o vídeo explicándovos como facelo.



PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

Traémosvos unha ra atrapa moscas. 

Os materiais que imos necesitar son: 

 - Unhas tesoiras.
 - Un tubo do rolo de papel.
 - Grapadora.
 - Fío ou la.
 - Ollos de pegar se temos.
 - Cartolina verde.
 - Pintura verde, por se preferides pintala.
 - Pompón ou bóla de aluminio.
 - Limpiapipas (opcional).
 - Lapis.
 - Fixo.





 Pasos a seguir:

1. Píntase ou se forra con cartolina verde o tubo de papel.





 2. Debúxanse e recórtanse as patas da ra.






 3. Creamos a nosa mosca. Cada un co material que teña dispoñible. Un botón, papel de aluminio, un anaco de cartón..Utilizar esa gran imaxinación que tedes!!






4. Atamos unha parte do fío ou la á mosca, e o outro lado ao tubo de cartón.



 

















 5. Grapamos a parte do tubo por onde pegamos o fío e debuxamos os ollos da ra ou lle pegamos uns de plástico.




 6. Pegamos as patas da ra.





 Xa temos a nosa ra lista para atrapar a mosca!!






Agora que xa tes os retos non esperes máis para preparalos e seguir conseguindo antivirus para o teu colexio!! Entre todos podemos acabar co virus!!!

 #QUEDANACASA.