TRADUCTOR

RETO 15

Ola mozos!! Como estades??? Chegamos ao final da semana e con ela chega o Reto 15 para seguir conseguindo antivirus!!!

PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores".
  
Para empezar imos facer un pouquiño de Ioga para activar o corpo. Que ben nos vén o exercicio sempre!!! No vídeo explícanvos varias asansas (posturas). 

Cales sodes capaces de facer??? Xa veredes que ben vos vai a quedar o corpo despois de facelo!!! 


PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

Gústavos o 3 en Raia??? É un xogo co que podemos entreternos coa nosa familia aproveitando que non podemos saír de casa. A elaboración é fácil!!! Alá imos!!!
 

Os materiais necesarios:

- Un cartón.
- Unha cartolina e un folio de distintas cores.
- lapis.

- Regra.
- Tesoiras.
- Pegamento de barra e celo.


1. Medimos o cartón para que sexa do tamaño do noso folio e o recortamos. Despois pegaos o folio no cartón.


 2. Medimos para formar un cadrado e formamos a nosa cuadrícula. Se o folio é un A4 serán cadrados de 7x7.

 



















 3. Facemos 8 tiras coa cartolina de 1 cm de ancho, recortámolas e pegamos na nosa cuadrícula.























4. Coa cartolina sobrante faremos as fichas e o sobre, para iso medimos 7 cm para o sobre, e o ancho das nosas fichas de non máis de 5 cm.






5. Pegamos con celo o sobre que utilizaremos para gardar as nosas fichas.


 



















 6. Podemos utilizar unha tapa para os nosos círculos e facemos cadrados para o outro xogador.























 7. Xa temos o noso taboleiro para xogar unha e outra vez ao 3 en raia!




 Agora os toca a vos!!!! Queremos ver que ben os quedan e como os decorades!!!!


Animarvos seguir conseguindo antivirus!!!


PUNTUACIÓN DO RETO:


1 FOTO= 1 PUNTO
1 VÍDEO= 10 PUNTOS

 Unha foto doutra persoa da casa, ou doutro amiguito/a de o teu cole e que non estea nestas actividades será 1 punto extra. E no caso de que envíe un vídeo serán 10 puntos extra.


#QUEDANACASA. 

Ningún comentario: