PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza".
Deixámosvos un vídeo no que toca pensar un pouquiño. É fácil, só tes que darlle ao coco e escoitar ben as instrucións!
Lembrar que:
- Non podedes rotar a boneca nin ombreiro.
- Sempre o corpo de fronte, non se trata de mover o corpo.
- Pódese conseguir con 4 ou 6 movementos.
- Nós dámosvos os 2 primeiros movementos.
Pensar un pouquiño e conseguirédelo. A por iso!!!
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores".
Propoñémosvos a facer unha carreira de pingüíns no menor tempo posible.
Trátase de levar o maior número de material á caixa en 1 minuto. Temos que poñer a caixa do material a 5 pasos.
O material que podemos usar é todo o que se vos ocorra, desde pinzas da roupa ata peluches ou bonecos. Deixámosvos un vídeo de proba.
AGORA TÓCAVOS A VÓS!!!
Animarvos seguir conseguindo antivirus!!!
PUNTUACIÓN DO RETO:
1 FOTO= 1 PUNTO
1 VÍDEO= 10 PUNTOS
Unha foto doutra persoa da casa, ou doutro amiguito/a de o teu cole e que non estea nestas actividades será 1 punto extra. E no caso de que envíe un vídeo serán 10 puntos extra.
#QUEDANACASA.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.