TRADUCTOR

ORIGAMI

Hoxe deixámosvos unha ligazón para que vos divirtades facendo ORIGAMI


O origami ou papiroflexia é unha arte que consiste no encartado de papel sen usar tesoiras nin pegamento para obter figuras de formas variadas, moitas das cales poderían considerarse como esculturas de papel. 

Nun sentido específico, o origami é un tipo de papiroflexia de orixe xaponesa que inclúe certas restricións, (por exemplo, non admite cortes no papel e se parte desde certas bases) co que o origami é papiroflexia pero non toda a papiroflexia é origami.

É marabilloso tanto para os máis peques como para os maiores da casa. 

Os beneficios do origami son varios, entre eles: mellora a coordinación, favorece a capacidade de atención, estimula a imaxinación, é relaxante, fai que os nenos sexan máis pacientes, fortalece a autoestima, activa a memoria e axuda a péquelos a pasalo de marabilla. 

https://comohacerorigami.net/tag/origami-facil/

Agora a practicar moito!!!

#QUEDANACASA.

Ningún comentario: