TRADUCTOR

BOMBÓNS DE FROITA

Bos días!! A quen non lle gusta o chocolate????  

Mentres preparamos máis retos deixámosvos esta receita para facer uns bombóns de chocolate e froita. Son moi sinxelos, están deliciosos e aínda por riba son sans. Só levarache 10 minutos facelos.



INGREDIENTES NECESARIOS: 
Pezas de froita. A que máis vos guste. 
Chocolate para fundir. O negro é o máis saudable. 
Manteiga ou aceite. 
Opcional: doce de leite, nocilla ou outra crema para encher. 

PASOS A SEGUIR

1. Cortamos a froita que imos utilizar. Para que non se estrague iremos cortando segundo vaiámola utilizando. 

2. Fundimos o chocolate coa materia graxa (manteiga ou aceite) nunha proporción de aprox. 1 cullerada de graxa por cada 150 g de chocolate. Podemos fundir o chocolate a baño maría ou no microondas. Uns 30 segundos máis ou menos, dependerá da potencia do microondas. 

3. Podemos facer os bombóns só cunha froita, ou facer “ sándwiches” con dúas rebanadas da mesma froita (ou de distinta) e unha crema para untar a elección no centro, téndoos unidos cun escarvadentes. Tamén podemos poñer unha cullerada abundante da crema encima da froita. 

4. Imos pasando as rebanadas ou " sándwiches" de froita polo chocolate, deixamos coar o exceso e poñemos nunha bandexa con papel para enfornar. 



5. Cando temos todos os bombóns listos metémolos no conxelador mínimo 1 hora. Retirámolos do conxelador uns 10 minutos antes de comelos. E xa os temos!!!!!! 


A GOZAR DA SOBREMESA!!!

Xa sabedes #QUEDANACASA.