Ola mozos!! Comeza a semana e con ela novos retos, espero que esteades con enerxías para poder conseguir moitos antivirus.
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"
Hoxe imos empezar o día cun pouco de baile. Trátase do famoso xogo " Just Dance", no que tedes que seguir os pases de baile que van facendo.
Queremos vervos bailar moito a seguinte canción:
https://youtu.be/K3FlloDIvoY
PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"
Hoxe imos facer un xogo de coordinación e equilibrio, pero antes hai que elaboralo.
Trátase dun circuíto de siluetas de mans e pés.
1. Para empezar temos que facer as siluetas. Nós fixémolas no medio folio cada unha. Para iso debuxaremos:
-Mans: 4(dereitas) e 4(esquerdas).
-Pés: 6(dereitos) e 7 (esquerdos).
2. A continuación decorarémolos como máis nos guste.
3. Agora hai que colocalas no chan como o patrón da foto, ou como vós queirades. Para iso poñémoslle un fixo para que non se deslice. Colocámolas nun sitio que non estrague o chan e póidase quitar facilmente.
4. Por último só queda superar o reto o máis rápido que poidas.
Deixámosvos un vídeo explicativo
A seguir conseguindo antivirus!!! Estades a facelo moi ben!!
PUNTIACIÓN DO RETO:
1 FOTO= 1 PUNTO
1 VÍDEO= 10 PUNTOS
Unha foto doutra persoa da casa, ou doutro amiguito/a de o teu cole e que non estea nestas actividades será 1 punto extra. E no caso de que envíe un vídeo serán 10 puntos extra.
#QUEDANACASA
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.