23 DE MARZO DE 2020
RETO 1
PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

O reto consiste en facer visible o lema # QUEDANACASA en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra. Atrévesche?? Fácil non?? Pois adiante….
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"
Todos sabemos o importante que é o exercicio físico para o noso benestar e saúde física e mental.
Ao día é recomendable facer un mínimo de 20 - 30 minutos de exercicio, pero o quedarnos na casa non vai supoñer un problema, porque con imaxinación, diversión e moito movemento, conseguiremos superar este reto.
Propoñémosvos deseñar un baile ou coreografía moi sinxela con algunha canción que nos guste. Non dubidedes en pedirlle colaboración aos vosos pais, irmáns ou quen estea convosco en casa.
Deixámosvos esta ligazón dun vídeo como idea:
https://youtu.be/-0cRAt-qNXk
PUNTUACIÓN DO RETO:
1 FOTO= 1 PUNTO
1 VÍDEO= 10 PUNTOS
Unha foto doutra persoa da casa, ou doutro amiguito/a de o teu cole e que non estea nestas actividades será 1 punto extra. E no caso de que envíe un vídeo serán 10 puntos extra.
A POR ISO!!!!
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.