Boas tardes!!! Como o levades??
Espero que esteades a preparar os retos para seguir conseguindo antivirus para nosa gran loita.
Hoxe traémosvos algo que nos pareceu interesante para vós:
Un programa de RTVE en colaboración con diversas editoriais, dende este luns 23 de marzo, polas mañás de 9 a 14 na 2 e en ClanTv, tratará contidos de lingua, matemáticas, inglés, ciencias, plástica e educación en valores.
Vai dirixido a alumnos de Primaria e ESO.
Tamén dicirvos que engadimos no blog en ligazóns de interese un portal creado por mestres e mestras de toda Galicia que nace para axudar ou alumnado, as familias e ou resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos.
Publícase cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Comparten contidos educativos de elaboración propia feitos especificamente para esta iniciativa e tamén outros que xa existen e que paga a pena.
http://aulasgalegas.org/aulas-galegas-o-proxecto
A seguir facendo os retos!! E recordade
que cantos máis sexamos máis antivirus conseguirá o noso cole, así que
non dubidedes en seguir xogando e dicirlle os vosos amiguiños que se animen!!
Xa sabedes # QUEDANACASA